Gogle Play App Store Pinterest Twitter Facebook
881 018 144 / 649 110 754 / 619 433 477
MENÚ PRINCIPAL
Facebook
Últimos tweets
UE - Xunta - Igape

Noticias Family Pádel

Liga de Tenis Teo 2018 - Inscrición
Tenis
29/01/2018

Xa está aberto o prazo para inscribirse na 1ª fase da Liga de Tenis Teo2018.

A Liga é unha competición aberta a aficionados de calquera nivel e idade de Teo, Santiago e resto da comarca, para a que non fai falta estar federado. Divídese en categorías masculina e feminina, dividida a masculina en diferentes niveis de xogo. Consta de 2 fases: a 1ª de febreiro a xuño, e a 2ª, en principio, de xullo a novembro. Xógase nas canchas do Club Family e nos pavillóns de Calo e Os Tilos. Na inscrición os xogadores deberán indicar a sua dispoñibilidade horaria, de luns a domingo.

Agradecemos a colaboración prestada polo Concello de Teo, que cede o uso dos pavillóns municipais, e das empresas Omega & Asociados e Landín Informática, para a realización desta Liga.

¡Vos esperamos!

« Volver